Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte no corazón das TIC galegas

A Costa da Morte no corazón das TIC galegas
Este mércores 22 de decembro de 2010 tiña lugar a VII Gala dos Premios EGANET. A Asociación de Empresas Galegas adicadas á Internet e ás Novas Tecnoloxías cumpría ademais 10 anos e o celebrou reunindo a toda a vangarda do sector TIC de Galicia para entregar os premios de referencia no país. E alí, no Palacio de Congresos de Santiago, había unha nutrida expedición da Costa da Morte, demostrando que a pesar das carencias en materia de infraestrutura da comunicacións, a Costa pode estar a primeiro nivel competitivo dun sector con tanto futuro como o das Novas Tecnoloxías. Alí estivo Fran Hermida facendo de presentador, e sacou as gargalladas das case que 300 persoas asistentes. Dende a directiva de EGANET estaban Daniel Cerqueiro, Xerente da empresa Galinus, como Vicepresidente da entidada; e Alejandro Lamas, como Secretario. Ademais Óscar Santos, vimiancés membro tamén da familia QPC como Xefe de Deportes, é o Secretario da entidade. Outro ex membro da asociación tamén estaba presente, como foi Manuel Pan, de Abertal e ex videpresidente. E para completar a expedición da Costa alí estaban os membros de Galinus Javier Calaza, Javier Mosquera e Ubaldo Cerqueiro, que non quixeron olvidar á máxica deseñadora da empresa Marga Castro.

Unha marea de premios

Había 272 candidaturas presentadas por 87 entidades. O xurado estaba composto por máis de 20 especialistas do sector non relacionados directamente coa entidade organizadora 3 propostas eran da Costa da Morte e finalmente unha saíu premiada. Foi o Ikimap da empresa santiaguesa Sixtema, con participación corcubionesa da man do propio Alejandro Lamas, a que gañou o premio especial de Software Libre ademais de ser finalistas na categoría "Software, Multimedia ou web". A empresa corcubionesa Galinus presentábase como finalista por partida doble. O proxecto QPC, do que todos vós sodes partícipes, participaba no Premio de Inclusión Dixital, demostrando a terrible realidade que vivimos na segunda zona de Galicia con menor incidencia de internet. Foi o proxecto de VModal Inteactive RuraisLAB o gañador nesta categoría. Trátase dun auténtico proxecto de alfabetización dixital de señoras do rural galego, moi achegado á veciñanza e que tería moito sentido desenvolvelo na nosa comarca. O proxecto de A Reforma da web Galinus e os seus simpáticos vídeos foi finalista do Premio Publicidade e Marketing OnLine, que finalmente levou a recoñecida Bodega Paco & Lola Albariño, das Bodegas Rosalía de Castro.

A TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Máis información

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios