sábado. 04.10.2025
El tiempo

A corrente dos Muíños da Redonda chegan ao cole

Vecinos da Redonda no cole de Corcubion
Veciñ@s da Redonda no cole de Corcubión
A corrente dos Muíños da Redonda chegan ao cole

Os veciños e veciñas da parroquia de San Pedro de Redonda, organizados polas tres asociacións veciñais (AAVV Lugar de Quenxe, San Roque e San Pedro de Redonda) están a argallar un novo proxecto xunto co CEIP Praia de Quenxe. 

Nesta ocasión a nova aventura que disfrutarán tanto os nenos e nenas do colexio de Corcubión como os parroquianos ten por nome Á corrente dos muiños. Esta experiencia interxeracional ten como obxectivo a rehabilitación dun dos muiños presentes no río de Quenxe. Serán os e as maiores os e as encargadas de non só reactivar coas súas propias mans o muiño, senón que tamén traspasarán o gran legado do saber aos máis pequenos. Os rapaces e rapazas, mediante algunhas actividades, participarán activamente na reconstrucción, aprendendo así a mecánica e o vocabulario dos muiños, tendo sempre presente o coidado e protección do ben común. 

Muinos da Redonda
Un dos muiños de Quenxe nos que traballa a veciñanza 

O proceso completo será documentado polo historiador corcubionés Luís Lamela, o cal, mediante a súa literatura, deixará constancia no presente e cara futuras xeracións toda a labor de todos e todas as participantes. Serán as súas letras as que recollerán esta segunda vida e parte da historia pasada do muiño e do pobo de Corcubión.

Xa para a segunda fase, a intención é que a familia da reonda invita á rapazada a degustar broa, follados, empanadas ou bolos do pote todos feitos con fariña moída por este muíño.

Máis novas

 

Comentarios