Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Critican a mísera partida nos Orzamentos da Xunta para o Porto Mixto de Corcubión

proxecto Porto Mixto Corcubion
Critican a mísera partida nos Orzamentos da Xunta para o Porto Mixto de Corcubión

En pleno proceso aberto para ver o proxecto e presentar de alegacións, coñecíamos a finais da semana pasada que os Orzamentos da Xunta para 2024 incluían unha partida de 25.000 euros para o novo porto Mixto de Corcubión.

Unha cifra “insignificante” para o PSOE de Corcubión, tendo en conta que xa levamos varios anos de papeleo, e que o investimento total é de 7,3 millóns.

”A triste realidade é que nos orzamentos da Xunta do ano que ven non figura unha cantidade significativa para que se poda iniciar esta obra tan necesaria para a nosa ría. E aínda por riba, as previsións de investimentos futuros ata o 2026 pasan dos 7,3 millóns de euros necesarios para levar adiante esta obra, que figuraban nos orzamentos do 2023, a pouco máis de 1,1 millóns de euros que aparecen nestas contas do 2024”, denuncian os socialistas.

Lamentan así que “a Xunta do PP segue a tomarnos o pelo aos corcubioneses, facendo presentacións e proxectos marabillosos que NUNCA rematan de pasar dos bocetos aos orzamentos”.

Por iso, van presentar unha enmenda aos orzamentos presentados polo PP para incluír unha partida de máis de 1,1 millóns de euros para que no 2024 se poda iniciar esta obra.

Comentarios