A veciñanza pode alegar o proxecto do Porto Mixto de Corcubión
Esta semana a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia sometía a consulta pública o documento de iniciación ambiental do “Proxecto de Remodelación de Instalacións Portuarias de Corcubión. Porto Mixto para barcos de pesquería de Baixura e Náutica de Recreo”.
Momento para que a sociedade corcubionesa e costeira presente alegacións ou propostas para mellorar o proxecto, sobre todo no eido da avaliación ambiental.
Paso a paso
Dende a creación da Plataforma "Porto si, Mortos non" en outubro de 2022, a Xunta está reaccionando, e reactivando unha demanda histórica da vila de San Marcos. Se ben en febreiro deste ano puña un horizonte de 4 anos, en marzo escollía a alternativa máis viable, e agora dá este paso.
O proxecto necesita un orzamento de 7,3 millóns de euros, tendo xa investidos 17.000 na redacción do proxecto neste 2023. Haberá que ver se entra algo nos Orzamentos da Consellería do Mar para o vindeiro 2024.
Con todo, valora moi positivamente e agradece á Confraría de pescadores, Club Marítimo Carrumeiro e o Concello a súa implicación e esforzo, “pois remando xuntos imos ao Chegar a bo porto”, sinala en referencia ao programa que fan cada semana na radiONeria.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: Escollida a alternativa máis viable para o porto mixto de Corcubión.
- Febreiro 23: Portos pon un horizonte de 4 anos para que o porto mixto de Corcubión poida ser unha realidade
- Xaneiro 23: Volven pedir a recuperación do práctico e o porto mixto de Corcubión.
- Decembro 22: A Xunta sobre o Porto Mixto de Corcubión: “Vai para largo”.
- Decembro 22: A Plataforma apartidista “Portos Si, Mortos Non” acentúa a súa loita polo porto mixto de Corcubión.
- Novembro 22: Outro barco ás pedras de Santa Isabel.
- Outubro 22: Crean a Plataforma "Porto si, Mortos non" para esixir o porto mixto de Corcubión