Luns. 06.05.2024
El tiempo

O PP defende os 18 millóns para a Costa da Morte que a Xunta incluíu nos Orzamentos 2024

FOTO PP COSTA DA MORTE
Foto do PP Costa da Morte
O PP defende os 18 millóns para a Costa da Morte que a Xunta incluíu nos Orzamentos 2024

Analizabamos hoxe o que consideramos as principais carencias que os Orzamentos de 2024 da Xunta presentan en relación á Costa da Morte.

Porén, o Grupo Popular da Costa da Morte vén de defender que os orzamentos da Xunta “blindan” proxectos “clave” no desenvolvemento da nosa comarca.
Falaron os populares, Sandra Vilela (voceira muxiá), Paula Mouzo (de Camariñas) e Rubén Lorenzo de Carballo), que resaltan os máis de 18 millóns de euros que os orzamentos galegos inclúen de forma directa para a bisbarra.

Rubén Lorenzo destacou os 3.3 millóns de euros que permitirán impulsar os parques empresariais dos concellos de Carballo (1,8) e de Coristanco (1,5).
Na parte norte descatan os 5,4 millóns incluídos no Plan Específico de Xestión de inundacións ARPSI Anllóns, e os investimentos de 540.000 euros na zonas de Nantón e de Anos (Carbana). Igualmente destacan os 900.000 euros que se destinarán en Laracha para a mellora da rede de saneamento, así como a partida de 260.000 euros para o aumento da resilencia en sistemas de abastecemento cofinanciadas polo FEDER no municipio de Coristanco.

Pola parte sur, destacan “o gran investimento da Xunta da Galicia con obras tan importantes como o saneamento de Cee e Corcubión cun investimento de 3.66 millóns de euros”, así como os 1,16 millóns destinados para a reforma da parte de urxencias do Hospital Virxen da Xunqueira de Cee ou os 2 millóns para a vía de alta capacidade de Baio a Berdoias. Esqueceron, iso so, o retraso eterno de tan necesaria infraestrurura, e o recorte na partida do ano pasado.

Social

En polítia social, Carballo levará 400.000 euros para financiar as obras da residencia de mariores, mentres que Malpica contará con 300.00 euros para a reparación dos departamentos do exportadores no porto, e con 250.000 para a mellora da operatividade da dársena.

Ademiis, en materia de Portos, a Xunta investirá un total de 1.430.000 millóns de euros para financiar diferentes actuacións en Malpica, Fisterra, Muxía e Camelle, aos que haberá que sumar os cartos que permitirán a mellora da planta de Sogama en Cee con 50.000 euros ou os máis de 130.000 euros comprometidos para a redacción dos plans urbanísticos de Cee, Corcubión, Dumbría e Carnota. Quedou sen partida o porto mixto de Corcubión:

Por último os deputados populares subliñaron que o que de verdade está a pasar é que “Galicia é unha illa de estabilidade, o contraste da situación de bloqueo que vive España e a parálise e retroceso que provoca o o independentismo, só centrado en lograr os seus obxectivos ideolóxicos e o socialismo, só centrado en lograr os seus obxectivos partidistas”, concluíu.

Comentarios