Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian a “defectuosa calidade do servicio que as compañías telefónicas” ofrecen en Corcubión

Lugar da Amarela-Corcubion
Lugar da Amarela
Denuncian a “defectuosa calidade do servicio que as compañías telefónicas” ofrecen en Corcubión

“Convertir a Costa da Morte nunha área residencial segura e de calidade”, como reflexionaba Antón Pombo no Foro Mirando pola Terra, conleva moitas cousas. Pero as esenciais é ter unha infraestruturas da comunicación dignas. E falamos da comunicación física (que a día de hoxe aínda queden 30-40 km de autovía sen facer); pero tamén falamos da comunicación dixital, e dun sistema eléctrico que non provoque milleiros de cortes de luz cada inverno.

Así o denuncia, en pleno verán, o grupo Sempre Corcubión, que explica que “a gran afluencia de visitantes durante este verán á nosa vila serviu para mostrar as costuras da tan defectuosa calidade do servicio que as compañías telefónicas ofrecen os veciños de Corcubión”.

Lembran a falta de fobra óptica por boa parte do termo municial (mesmo no casco), pero destaca a situación das aldeas, onde ”o servizo de ADSL que estes veciños padecen é terceiromundista, con velocidades que non alcanzan a 1 mega de velocidade”. Sempre Corcubión denuncia que Telefónica xa “abandonou á súa sorte estas liñas ADSL” e lamenta que a rede móbil 4G ”ten un límite, e todos os veciños que dependen deste sistema tiveron unha prestación moi deficente nos últimos dous meses, e podemos falar de cáseque un centenar de fogares na zona de Quenxe, Oliveira, O Vilar... que durante este verán mesmo quedaban sin servizo de internet tódolos días a partir das tardiñas ao caer o sistema por saturación da antena que lles daba servizo.

Por iso piden ao goberno municipal “que acuda en amparo de todos estes veciños, elevando unha queixa contra estas empresas polo seu deficiente servizo durante estes dous últimos meses, reclamándolles a oportunidade de que, ante as grandes deficiencias do servizo, estas aposten o antes posible por unha rede 5G”.

Novas relacionadas

Comentarios