Denuncian as eternas verteduras por falta de saneamento sobre a ría de Corcubión
A ría de Corcubión sofre os mesmos problemas de saneamento dende hai máis de 10 anos. Así o denuncia esta semana o BNG de Corcubión, con estas imaxes do pasado domingo.
Os desaugadoiros da depuradora de Agra da Ribeira, vertía augas fecais directamente ao mar, na contorna da pequena praia da Viña, provocando ademais cheiros pestilentes. Unhas verteduras habituais tamén noutro punto ao final do paseo.
Por esta razón, e mentres as obras da nova depuradora non avanzas, o edil do BNG Lois Lado solicitoulle nun escrito ao alcalde que adopte as medidas oportunas para evitar novas verteduras e que analice de inmediato as augas na praia de Quenxe. Apuntan que a zona debe ter a auga con calidade suficiente para o baño, de cara a este comezo de verán.
E se non se pode, “é necesario tamén adoptar as medidas de seguridade na calidade das augas, estes días a xente estaba bañándose na praia e todo o mundo comprobou as verteduras, hai que facer algo xa”.
HISTÓRICO SOBRE O PROBLEMA DO SANEAMENTO NA RÍA DE CORCUBIÓN
- Outubro 21: A Xunta promete que as obras de saneamento da Ría de Corcubión estarán rematadas a finais de 2023.
- 15-10-21: O Consello da Xunta dá un novo paso para as esperadas obras de saneamento da ría de Corcubión.
- Xullo 21: 8 millóns de euros para a renovación da rede de saneamento de Cee e Corcubión.
- 13-07-21: As EDAR de Cee-Corcubión e Muxía, entre as que peor funcionan de Galicia.
- O BNG de Cee solicita unha auditoría externa das depuradoras e o saneamento do rural.
- 12-01-21: Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto.
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.
- Novembro 2019: Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión.
- Abril 19: Ana Miranda: “É unha prioridade consignar orzamento para a limpeza desta praia e o saneamento da ría de Corcubión”.
- Marzo 19: A contaminación da ría de Corcubión, de volta ao Parlamento Europeo.
- Outubro 17: O BNG insta á Xunta a que inclúa nos orzamentos o saneamento da ría de Corcubión.
- Maio 17: A contaminación da ría de Corcubión volve ao Parlamento Europeo.
- Febreio 15: O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión.
- Outubro 14: O BNG pregunta no Parlamento pola ría de Corcubión.
- Febreiro 13: O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- 2011: Unha ría eternamente pechada.