![]()
A lingua está absolutamente vinculada á sociedade. E así o demostra este concurso que abren a Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través da útil plataforma
Portal das Palabras, para atopar a
#PalabradoAno. Este 2018 o concurso demostra que está sendo un ano clave na loita feminista, e importante no proceso de concienciación do coidado dos nosos montes.
Por exemplo, 3 das finalistas son palabras directamente vinculadas coa considerada a cuarta vaga feminista: “
Feminismo”, “
Apoderamento” (que ademais é un dos últimos neoloxismos incorporados ao dicionario galego), e “
Sororidade” (“o pacto entre mulleres para diminuír a fenda entre a súa posición social e a dos homes”).
Así mesmo, as “Brigadas deseucaliptizadoras” teñen traspasado as fronteiras do monte para sumerxirse no mundo da linguística. Deste xeito, “
Deseucaliptización”, que aquí na Costa da Morte se fixo realidade gracias ao traballo das
brigadas corcubionesas de Boca do Sapo, entra tamén entre as 6 candidatas.
A incidencia da ultradereita na sociedade europea tamén está representada neste concurso, coa presencia de “
Fascismo”. E paralelamente, constatamos a importancia do poder mediático, a través da presencia das series de televisión e o éxito dunha serie tan nosa como “
Fariña”, creada a raíz do indispensable libro de Nacho Carretero.
Xa podes votar, ata o 25 de decembro ás 23:59h, a través de
portaldaspalabras.gal/palabradoano/ entre as 6 candidatas. Ademais de “Deseucaliptización” hai outras 5 moi famosas este ano: Fariña, Apoderamento, Feminismo, Sororidade e Fascismo.
As últimas palabras
As palabras escollidas teñen moito que ver coa situación social do país. Por exemplo, o ano pasado a palabra escollida foi “
Afouteza”, coincindo coa campaña do Celta de Vigo. Se en 2016, a escollida foi “
Irmandade”, en 2015 a xente escolleu “
Refuxiados”, coincidindo coa marea que chegaba dende medio oriente. Máis simbólica aínda foi a #PalabradoAno de 2014, “
Corrupción”, cando comezaban a destaparse os casos do PP e do PSOE.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/122599-2/