Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un píxel no Medievo para alfabetizar dixitalmente aos nosos cativos

Un píxel no Medievo para alfabetizar dixitalmente aos nosos cativos
Pixen medieval en Corcubion O posto Medieval Dixital construíu un castelo con terróns de zucre

Menuda proposta novedosa que trae Anpa Alén, a Universidade Cromática, e GoodWorkShopsBuschmannBella. Estiveron presentes nesta XVI edición do Mercado Medieval de Corcubión, os vindeiros 23 e 24 de xullo, cun posto de recadación de fondos para un proxecto de Educación Dixital.

”Medieval Dixital” é un proxecto trata de "alfabetizar" aos nosos fillos e fillas do coñecemento idóneo para facer un uso, responsable e consciente das RRSS e aparellos tecnolóxicos que van inundando nosas vidas mudando hábitos, costumes e xeitos de vida.

E facendo un paralelismo sobre como influíu a aparición da imprenta na Idade Media, nestes tempos as ferramentas tecnolóxicas fannos preguntarnos: “Comprenderemos realmente os avances técnicos do noso tempo?” E para coñecelas integralmente, para obter un uso crítico e intelixente, arman este proxecto educativo 2.0.

Para conseguilo, instalaron un posto no Mercado Medieval, preto da Capela do Pilar, onde as persoas que así o desexen poden doar "píxeles" para a construción dun castelo con terróns de azucre:

  • 1 Píxel = 1 Terrón de Azucre.

Ademais, ao máis puro estilo Minecraft, construíron un mundo medievo-dixital completo, con espadas de madeiras fabricadas no taller de Frank Bushcman, ademais de construír o castelo. Ao remate, conseguiron 500€ para comezar con este proxecto dixital, do que saberemos máis nun futuro.

Fermosa proposta que esperemos que saia adiante. Máis información en [email protected].

Doa un pixel para Educar Alfabeticamente

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios