xoves. 01.05.2025
El tiempo

Doble votación unánime no Pleno de Corcubión

Doble votación unánime no Pleno de Corcubión
Unanimidade no Pleno de Corcubion

Insólito o pleno de Corcubión deste martes 29 de abril de 2014. Dúas votacións a dúas mocións presentadas por grupos distintos, e aprobadas por unanimidade.

A primeira, e máis pegada a actualidade social e económica do Concello, aprobouse a moción que permite ao Concello instar a todas as administracions implicadas a manter o partido xudicial de Corcubión. I é que a nova lei do Ministerio de Xustiza eliminaría o xulgado corcubionés.

A súa supresión sería un duro golpe para Corcubión, non só para toda a veciñanza que vería moito máis lonxe á Señora Xustiza. Se non que o Xulgado corcubionés un dos motores económicos da vila, non só polos postos de traballo que xenera se non polo foco que supón para numerosos habitantes da comarca, coa consecuente influencia na hostalería da zona.
Esa importancia notouse no achegamento de moitos veciños, como acontecera hai exactamente dous anos, tamén nun pleno ateigado na que a unanimidade contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais.

Os vecinos de Corcubion no pleno contra o desmantelamento dos Partidos Xudiciais

Foi aprobada tamén, por unanimidade, a creación dun Arquivo de Bens Inmateriais en Corcubión, proposta presentada neste caso polo BNG.
A idea propón a creación dun Banco de Datos ou Arquivo Municipal Especial onde se poida gardar, clasificar, ordenar ou consultar documentos. Censos e biografías de veciños e veciñas preocupados polo benestar dos corcubioneses e corcubionesas. Veciños ilustres ou destacados pola súa humanidade, doazóns ou legados. Publicacións de estudos relacionados ca historia de Corcubión ou obras de autores corcubioneses xa sexan de historia, poesía, novela, revistas, etc. Hemeroteca con documentos de acontecementos dos séculos pasados ata os máis recentes. Fondos fotográficos especialmente da paisaxe urbana, edificios, monumentos, rúas, oficios artesáns, festas, romarías e todas as tradicións que son parte da nosa identidade cultural, etc.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios