Dous novos Soletes para a hostalería de Corcubión e Fisterra

Carlos Piñeiro, cociñeiro do Arco da Vella, con Luis Moya
  • Xa son 30 os establecimentos recoñecidos no mapa da Guía Repsol.

A Costa da Morte volve brillar con forza entre as recomendacións de Guía Repsol, e nesta ocasión destaca os “Soletes con Solera”, celebrando os sabores de sempre. A Guía vén de anunciar 26 novos locais galegos destacados, entre eles, a Taberna “O Ribeiro” de Corcubión e o Resturante Arco da Vella de Fisterra.

Esta nova serie de Soletes con Solera, quere poñer o foco nos novos cociñeiros abren novos restaurantes tradicionais, recuperando a esencia, as raíces de cada zona. “Casas de comida con raíces, bares que poderían contar milleiros de historias ou familias que transmitiron o oficio de avós a pais e de pais a fillos ata converterse nunha institución”.

No caso fisterrán, o “Arco da Vella” volve á primeira liña da man Carlos Piñeiro.

Pola súa parte, Carlos Lestón e as irmás Alba e Aroa Castiñeira, ademais do coidadísimo “Cuatro Perras” deron tamén un pasiño á fronte da Taberna O Ribeiro, conseguindo este prezado distintivo.

Taberna O Ribeiro de Corcubión

Ademais, na provincia, suman novos Soletes o Chichalovers, o centro cárnico de Compostela con alma de Santa Comba; “Casa Ponte”, “Jumbo H1” e “Rodolfus”, na cidade da Coruña; “O Gato Negro”, en Santiago de Compostela; “Oliva Bar e Levar”, en Ferrol, e “Os Arcos”, en Betanzos.

 

Na Costa da Morte

A comarca temos unha marea de recoñecementos no mapa da Guía Repsol:

SOLES:

  • As Garzas (Malpica) (2 SOLES).
  • Retiro da Costiña (Santa Comba) (2 SOLES).
  • Hotel-Restuarante Balarés (Ponteceso) (SOL).
  • Landua (Mazaricos) (SOL).
  • Terra (Fisterra) (SOL).
  • O Fragón (Fisterra) (SOL).

Restaurante Recomendado:

  • Pementa Rosa (Carballo).
  • Asador Río Sil (Carballo).
  • Mar de Ardora (Cabana).
  • Material (Malpica).
  • A Mariña (Camariñas).
  • Asador Gonzaba (Carballo).
Soletes:
  • A Ventana (Laxe).
  • O Fontán (Ponteceso).
  • Chiringuito Balarés (Ponteceso).
  • Golfo Nordés (Razo, Carballo).
  • Furna Atlántica (Caión, A Laracha).
  • Asteria Beach (Caión, Laracha).
  • A Taberna do Bico (Camariñas).
  • Restaurante Dálvaro (Muxía).
  • Casa Lestón (Sardiñeiro, Fisterra).
  • Arco da Vella (Fisterra).
  • Etel & Pan (Fisterra).
  • Panadería Germán (Fisterra).
  • O Forcado (O Ézaro, Dumbría).
  • O Ariete (Carnota).
  • O Ancoradoiro (Muros).
  • Areas Pub (Esteiro, Muros).
  • Carrillo (Muros).
  • Bar Playa de Lires (Cee).

Máis novas