Dous novos Soletes para a hostalería de Corcubión e Fisterra
- Xa son 30 os establecimentos recoñecidos no mapa da Guía Repsol.
A Costa da Morte volve brillar con forza entre as recomendacións de Guía Repsol, e nesta ocasión destaca os “Soletes con Solera”, celebrando os sabores de sempre. A Guía vén de anunciar 26 novos locais galegos destacados, entre eles, a Taberna “O Ribeiro” de Corcubión e o Resturante Arco da Vella de Fisterra.
Esta nova serie de Soletes con Solera, quere poñer o foco nos novos cociñeiros abren novos restaurantes tradicionais, recuperando a esencia, as raíces de cada zona. “Casas de comida con raíces, bares que poderían contar milleiros de historias ou familias que transmitiron o oficio de avós a pais e de pais a fillos ata converterse nunha institución”.
No caso fisterrán, o “Arco da Vella” volve á primeira liña da man Carlos Piñeiro.
Pola súa parte, Carlos Lestón e as irmás Alba e Aroa Castiñeira, ademais do coidadísimo “Cuatro Perras” deron tamén un pasiño á fronte da Taberna O Ribeiro, conseguindo este prezado distintivo.
Ademais, na provincia, suman novos Soletes o Chichalovers, o centro cárnico de Compostela con alma de Santa Comba; “Casa Ponte”, “Jumbo H1” e “Rodolfus”, na cidade da Coruña; “O Gato Negro”, en Santiago de Compostela; “Oliva Bar e Levar”, en Ferrol, e “Os Arcos”, en Betanzos.
Na Costa da Morte
A comarca temos unha marea de recoñecementos no mapa da Guía Repsol:
SOLES:
- As Garzas (Malpica) (2 SOLES).
- Retiro da Costiña (Santa Comba) (2 SOLES).
- Hotel-Restuarante Balarés (Ponteceso) (SOL).
- Landua (Mazaricos) (SOL).
- Terra (Fisterra) (SOL).
- O Fragón (Fisterra) (SOL).
Restaurante Recomendado:
- Pementa Rosa (Carballo).
- Asador Río Sil (Carballo).
- Mar de Ardora (Cabana).
- Material (Malpica).
- A Mariña (Camariñas).
- Asador Gonzaba (Carballo).
- A Ventana (Laxe).
- O Fontán (Ponteceso).
- Chiringuito Balarés (Ponteceso).
- Golfo Nordés (Razo, Carballo).
- Furna Atlántica (Caión, A Laracha).
- Asteria Beach (Caión, Laracha).
- A Taberna do Bico (Camariñas).
- Restaurante Dálvaro (Muxía).
- Casa Lestón (Sardiñeiro, Fisterra).
- Arco da Vella (Fisterra).
- Etel & Pan (Fisterra).
- Panadería Germán (Fisterra).
- O Forcado (O Ézaro, Dumbría).
- O Ariete (Carnota).
- O Ancoradoiro (Muros).
- Areas Pub (Esteiro, Muros).
- Carrillo (Muros).
- Bar Playa de Lires (Cee).