Furna Atlántica de Caión e Taberna El Ariete de Lariño, novas incorporacións á Guía Solete
Segue sumando a singular Guía Solete da Repsol espazos singulares da Costa da Morte para disfrutar da hostalería e da natureza ao mesmo tempo. Hoxe presentan 7 novas incorporacións da provincia, entre as que contamos con dúas galegas.
Desta volta, a guía quere propón a Furna Atlántica de Caión (A Laracha) e a Taberna El Ariete de Lariño (Carnota), dous novos chiringuitos con terrazas marabillosas para disfrutar de tomar algo, ou mesmo traballar, no medio da natureza.
A Taberna El Ariete está situada no Hotel Faro de Lariño e permite disfrutar dun bo polbo con vistas ao Ancoradoiro.
A Furna Atlántica de Caión ten uns solpores incribles.
Ademais das costeiras, a guía inclúe xa o Universal (Porto do Son), Kilowatio (Cedeira),Casa Peto (Outes), Café Tertulia (Santiago) e Bar do Porto (Ribeira), entre as 22 novas propostas galegas.
Máis novas de hostalería
- Este luns abre o prazo de matriculación da FP Básica Dual en Cociña e Restauración do IES de Muxía.
- Marzo 23: A Taberna do Bico, O Fontán e Panadería Germán xa teñen o seu Solete.
- 2023: 1 Sol para o Terra de Fisterra, e para o Restaurante Landua de Mazaricos, e 2 Soles para O Retiro da Costiña (Santa Comba) e As Garzas (Malpica).
- 2022: A Panadería Germán e Juan Luís Estévez reciben a 5ª estrella consecutiva do mundo do Pan.
- 2022: Un Solete para O Forcado do Ézaro e a Casa Lestón de Fisterra.
- 4 Soletes: Calma Chicha de Fisterra, Asteria Café de Caión; Restaurante Ancoradoiro de Muros e Lonxa D’Álvaro de Muxía.