A Taberna do Bico, O Fontán e Panadería Germán xa teñen o seu Solete

20:45 29/03/23
Apenas unha semana despois de coñecer as recomendacións da Guía Michelín, abrimos o abano para coñecer os novos Soletes da Guía Repsol. Das 300 novas propostas, a guía suma tres novos establecimentos da Costa da Morte: A Taberna do Bico (Camariñas), Restaurante O Fontán (Ponteceso) e a Panadería Germán (Fisterra).
Se ben a panadería fisterrá ten numerosos recoñecementos co seu ilustre panadeiro da fin da terra, é a primeira vez, que saibamos, que unha guía recoñece o bo facer da taberna e o restaurante pontecesán.
Estes tres sumánse aos xa coñecidos:
- 2023: 1 Sol para o Terra de Fisterra, e para o Restaurante Landua de Mazaricos, e 2 Soles para O Retiro da Costiña (Santa Comba) e As Garzas (Malpica).
- 2022: A Panadería Germán e Juan Luís Estévez reciben a 5ª estrella consecutiva do mundo do Pan.
- 2022: Un Solete para O Forcado do Ézaro e a Casa Lestón de Fisterra.
- 4 Soletes: Calma Chicha de Fisterra, Asteria Café de Caión; Restaurante Ancoradoiro de Muros e Lonxa D’Álvaro de Muxía.
Novas relacionadas
- Febreiro 23: Un Sol para o Terra de Fisterra.
- Novembro 22: A Lonxa D’Álvaro entra nas recomendacións da Guía Michelín.
- 2022: O Forcado e a Casa Lestón, as recomendacións na Guía Solete de Repsol.
- A quincena de establecimentos costeiros coa Q de Calidade:
- O Retiro da Costiña obtén o selo de Garantía de Galicia Calidade.
- 21: 4 establecimentos costeiros, na Guía Solete.