O Fragón e o Balarés estrean os seus Soles
Boas novas para hostalería costeira. A Guía Repsol inclúe dende hoxe 6 novos restaurantes galegos coa calificación de 1 Sol. E entre eles atopamos o novo Hotel Balarés (Ponteceso) e O Fragón (Fisterra), ademais do ‘Terreo Cocina Casual’ e ‘Eclectic’ (A Coruña), o ‘Simpar’ (Santiago de Compostela) e o lucense ‘Javier Montero’ (Ribadeo). Precisamente a estas horas emítese a Gala en directo dende Cartagena.
Bo premio así para dúas parellas de empresari@s/chefs que demostran o talento que temos na comarca. En Fisterra, Fran Insua e a Sefa Insua levan anos ofrecendo unha gastronomía exquisita baseada na calidade do produto do noso mar. Primeiro foi no corazón da praia da Ribeira, e dende hai anos no lugar de San Martiño, cunhas privilexiadas vistas á enseada da Langosteira.
Por Bergantiños, Rafa Varela, histórico responsable do grupo da Mundiña, e Silvia Facal, que acaba de demostrar a potencia gastronómica bergantiñá en Donosti da man da Deputación, dan conta dos pasos que se pode dar en pouco tempo, xa que o Hotel-Restaurante situado na praia de Balarés hai apenas un ano que abreu as portas.
Certo que os Soles non son Estrellas Michelín, e valoran máis cousas que a mera gastronomía, como o privilexiado entorno no que se atopan. Pero non é descartable que poidan optar a este privilexiado galardón.
Os dous restaurantes complentan a lista de Soles da comarca:
- Co 1 Sol temos ao Landua (Mazaricos) e ao Terra (Fisterra).
- Con 2 Soles ao As Garzas (Malpica) e oo Retiro da Costiña (Santa Comba).
Novas do ano pasado
Máis novas
- 2022: A Panadería Germán e Juan Luís Estévez reciben a 5ª estrella consecutiva do mundo do Pan.
- 2022: Un Solete para O Forcado do Ézaro e a Casa Lestón de Fisterra.
- 4 Soletes: Calma Chicha de Fisterra, Asteria Café de Caión; Restaurante Ancoradoiro de Muros e Lonxa D’Álvaro de Muxía.
- O malpicán Xurxo Agrasar será un dos finalistas a Pasteleiro Revelación no Madrid Fusión.
- O Terra de Brais Pichel recibe a súa primeira Estrella Michelín.
- "Está ben recuperar ese dito de toda a vida de que os meses con R son os mellores para comer marisco”.
- O Hotel Faro de Lariño xa loce o selo Galicia Calidade.