Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Semáforo de Fisterra recibe o recoñecemento estatal “Sin Huella”

galicia_premios-sin-huella_53740867649_o
Jesús Picallo desprazouse a Madrid para recibir o premio
O Semáforo de Fisterra recibe o recoñecemento estatal “Sin Huella”

O Hotel Restaurante O Semáforo de Fisterra vén de recibir o galardón autonómico na I Edición dos Premios de Hostalería 'Sin Huella' #PorElClima. Un recoñecemento polo “seu compromiso coa preservación do planeta e a descarbonización do sector hostaleiro, por promover o aforro de auga, promover o consumo responsable e promover unha xestión eficiente da enerxía ou unha correcta xestión dos residuos”.

Nesta primeira edición concedéronse dezasete premios, un por comunidade autónoma e catro nacionais. A nivel nacional, esta primeira edición dos Premios 'Sin Huella' recoñeceu ao restaurante Bálamo, na categoría “Innovación”; A Finca de Susi Díaz, na categoría “Traxectoria”, a Asociación de Hostaleiros de Málaga (MAHOS), na categoría de “Liderado”; e o Concello de Zaragoza, no apartado “Alianzas”. O Semáforo é o único establecimento galego recoñecido.

mapa_hosteleria_CCEPGalicia

Destacan que o establecemento conta cun plan integral de mellora para ser máis coherentes coa paisaxe na que se atopan inmersos e cos obxectivos empresariais. Concretamente ten en marcha 41 actuacións contra o cambio climático como, por exemplo, puntos de recarga de vehículos eléctricos, a elaboración de compost con residuos orgánicos para crear fertilizante ecolóxico ou a utilización dun sistema de reutilización da auga, para poder aproveitar tanto as augas residuais como as pluviais.

Máis novas

Comentarios