mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dous costeiros entre os 50 mellores panadeiros de España

Juan Luis Estevez e Fernando Espasandin panadeiros TOP 50 Espana
Juan Luís Estévez e Fernando Espasandóin coas súas estrellas
Dous costeiros entre os 50 mellores panadeiros de España

Esta pasada tarde de martes 29 de outubro, tivo lugar en Madrid a gala de entrega das estrellas dos 50 Panadeiros TOP de España. E como xa contamos hai unhas semanas, alí estaba o panadeiro da fin da terra. Juan Luís Estévez, da Panadería Germán, foi un dos condecorados.

Na lista atopamos tamén a Fernando Espasandin Pérez, de Pan Ignacio. A empresa con raíces en Vimianzo tamén coloca un panadeiro na lista dos 50 panadeiros TOP de España. Para Germnán é a sexta estrella, para Fernando, a primeira.

Unha lista na que hai tamén varios coruñeses Áxel Pérez Pérez (Panadería Lorbé), Andrés Romero Vázquez (Panadería Luna de Negreira) e Miguel Ángel Beade (Panadería Mercedes de Carral); e varios galegos: Luis Miguel Iglesias Lago (Amaquia Panadería do Porriño), Claudio Rodríguez Rodríguez (Panadería Argibay do Porriño), Adolfo Carballo (Panadería La Pintora de Nigrán), Diego Marin de la Rosa (Pandemonium de Vigo),

Panadeiros galegos con estrellal 50
Panadeiros galegos con estrella

Novas sobre o Panadeiro da fin da terra

Máis novas de vangarda gastronómica

 

Comentarios