Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Farándula Velutina estreou libro e obra

Libro de Papiroflexia de Fernando Castro Paredes
A Farándula Velutina estreou libro e obra

Recén saído do forno, xa está na rúa o libro que naceu da obra de teatro “Papiroflexia”. A obra de Farándula Velutina, premiada en varias ocasións foi polo tamén galardoado Fernando Castro Paredes, e un dos premios permitiulle convertirse en libro da Editorial Galaxia.

A compañía costeira está de noraboa. Onte coñecíamos o novo premio estatal polo monólogo Punta Tacón. E a fin de semana puideron volver aos escenarios coa estrea este pasado sábado de “A derradeira bala", adaptación da obra homónima do propio Castro Paredes e dirixida por el mesmo e Marina Gómez.
A obra , que oi galardoada co I Premio no "Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño", e está publicada na editorial "Galaxia", na sección "Costa Oeste”, tivo unha gran acollida na Casa da Cultura de Corcubión, completándose o aforo permitido.

A DERRADEIRA BALA 1
Estrea da Derradeira bala na Casa da Cultura de Corcubión


Novas relacionadas

Comentarios