Luns. 09.09.2024
El tiempo

A Garda Civil incauta de 2.502 quilogramos de sardiña en Corcubión

Sardina incautada pola Garda Civil no porto de Corcubion
A Garda Civil incauta de 2.502 quilogramos de sardiña en Corcubión

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautouse de 2.502 quilos de sardiña en Corcubión.
Os feitos ocorreron cando membros da citada Unidade Estaban realizando un servizo propio da especialidade no Porto de Corcubión.
Durante o mesmo, observaron dous pesqueiros descargando as capturas realizadas, os gardas civís actuantes achegáronse ás embarcacións para verificar a mercadoría desembarcada.

Tras contabilizar as capturas de ambos os dous buques, os gardas civís constataron que un deles superaba en 1.323 quilogramos o límite máximo de captura autorizado para dito buque e o segundo tiña un exceso de 1.179 quilogramos.

A Garda Civil procedeu á incautación do exceso de capturas de ambas embarcacións e á elaboración do correspondente informe-denuncia por presuntas infraccións da Lei 11/2008 de Pesca de Galicia.
As sardiñas incautadas foron destinadas ao Banco de Alimentos Rías Altas.

Comentarios