Luns. 16.09.2024
El tiempo

Percebeiros de Camelle pescan in fraganti uns furtivos nas súas rochas

Furtivismo en Camelle
Secuencia da descuberta do furtivo
Percebeiros de Camelle pescan in fraganti uns furtivos nas súas rochas

Tarde tensa a vivida o pasado mércores en Camelle. Os percebeiros da vila camariñá, en colaboración co vixiante, cazaron in fraganti dous percebeiros que faenaban na Gaivota, unha rocha da vedada zona das Baleas. En canto recibiron o aviso dun veciño, o patrón maior Xosé Xoán Bermúdez, e un compañeiro, lanzáronse na embarcación ata a rocha, onde toparon cun rapaz que estaba cunha embarcación lanzando palangre (facendo o paripé), e un na pedra roubando percebe.

O patrón saltou á pedra teléfono en man, e o furtivo lanzou ao mar o saco de percebe que tiña apañado, que podía conter 15-20 de marisco, e se montou na embarcación.

Reincidentes

Aseguran dende o pósito camellán que se trata dun par de percebeiros dados de alta, pero furtivos reincidentes, de Camariñas. E ai dá conta da valentía da acción de enfrontarse directamente a eles. Valente na mesma escena, pero tamén valente do día a día, vixiando as costas en cada festa. Porque Bermúdez xa sabe o que son as ameazas navalla en man, xa lle pincharon as rodas ou lle meteron 1 kilo de zucre no tubo de escape do coche, xa pasou por xuízos… Polo que sabe todo o que implica enfrontarse a estes amigos do alleo.

A importancia da vixilancia

Con todo, considera que o importante é o bo funcionamento da Confraría e da Agrupación de Percebeiros, entre os que ai moi boa sintonía e todos son conscientes da necesidade de coidar do seu.

A chave está na aprobación do Regulamento Interno da Agrupación de Percebeiros de Camelle, a través do cal todo percebeiro que se dá de alta aproba un calendario para vixiar o seu litoral. “O que non vai vixiar, recibe unha sanción de 100€, e se é reincidente, perde o permex”, sinala.

Esas normas moi definidas fai que a confraría camellá (que xestiona zonas de Camariñas e Laxe que estaban de libre marisqueo) estea recibindo novos socios, percebeiros que están da parte de Fisterra, de Camariñas, de Lira…”Notan que hai orde, respecto e educación”, sinala o patrón maior, que leva xa 15 anos no cargo. “Ao final imos quedar con media Jalisia”, bromea.

Código penal

”Tiñan que cambiar o código penal e poñer penas serias a esta xente, reicidente de verdade”, sinala Xosé Xoán, que pon o exemplo do alcol na condución como campaña de éxito para a redución do problema. Proporía que á primeira tocaría denuncia administrativa, pero á terceira vez xa caería a retirada do permex e a cuarta un ano de prisión.

Máis novas de furtivismo

 

Comentarios