Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O goberno de Corcubión denuncia uns novos actos vandálicos na fin de semana

Vandalismo en Corcubion na marquesina
O vandalismo rompe a marquesiña do centro da vila
O goberno de Corcubión denuncia uns novos actos vandálicos na fin de semana

As noites das fins de semana de Corcubión están costando caras, tanto ao goberno como á veciñanza. Varios actos vandálicos provocaron importantes danos no mobiliario urbano público da vila. A marquesina da praza de Castelao, onde o bus escolar recolle os nenos e nenas resultou con roturas importantes na súa estrutura.

Ademais, os xardíns urbanos foron obxecto da violentación, con danos ás áreas verdes que foron coidadosamente mantidas para o desfrute da veciñanza.

Vandalismo corcubion copas e xardin
Os vándalos deixaron as copas na desfeita

”Este comportamento irresponsable non só impacta negativamente na estética da vila, senón que tamén xera custes adicionais para a súa reparación”, denuncian dende o Concello, que xa están a traballar para avaliar os feitos.

Para tratar de reverter este tipo de actos vandálicos, fai un chamamento á comunidade para que colabore proporcionando calquera información que poida axudar na resolución destes casos. “Este tipo de comportamentos non só dana a infraestrutura da vila, senón que tamén afecta o benestar xeral da comunidade. Cómpre que todos e todas nos unamos para condenar este vandalismo e promover unha contorna na que o respecto e a responsabilidade prevalezan”, sinalan solicitando á colaboración.

Conato

Bombeiro de Cee sufocando un incendio en Corcubion

Ademais, nesa mesma noite, os Bombeiros de Cee e Protección Civil teveron que acodir a sufocar un conato de incendio no Cubaleiro, ao carón do campo vello de fútbol.

Comentarios