O Goberno de Corcubión repártese as áreas
10:26 20/07/23
Celebrouse onte o pleno de organización do Concello de Corcubión tralo cambio de goberno. O grupo do BNG repartiuse as áreas de goberno entre os seus 4 concelleiros. Acompañando ao rexedor, Francisco Javier Domínguez “Drok”, estarán:
- Lois Lado (1º teniente de alcalde, coas áreas de promoción económica, obras e servizos e persoal)
- Francisco Santiago López (2º teniente de alcalde, coas áreas de urbanismo e medio ambiente).
- María Bella (3ª teniente de alcaldesa, coas áreas de Cultura, Benestar Social, Muller e Igualdade).
Ademais, aprobáronse unha dedicación e media gracias ao apoio do PP e as críticas dun PSOE que critica que tivesen que gobernar sen dedicacións durante case dúas décadas (si que tiveron na última lexislatura gracias ao apoio de PACOR e Sempre Corcubión). Así, o alcalde cobrará un total de 33.727,40 euros/ano, mentres que a tenente de alcalde, María Bella, recibirá 15.232,84 eur/ano.