Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Drok xa é alcalde de Corcubión

Drok alcalde de Corcubion
Drok co bastón de mando da alcaldía
Drok xa é alcalde de Corcubión

Sin incendencias e con moita espectación recolleu Francisco Domínguez Traba “Drok”, o bastón da alcaldía de Corcubión durante o pleno de investidura celebrado este 7 de xullo de 2023. Un pleno que foi retrasado polo famoso voto pintado e que mantivo a vila de San Marcos nun limbo de poder durante varias semanas.

Drok foi apoiado polos seus ompañeiros dun BNG que recupera a alcaldía tras 12 anos nos que o PSOE liderou o Concello. Toma así o relevo como alcalde nacionalista do histórico Rafael Mouzo, que liderou o pobo e a comarca dende 1979 ata 2003 e despois de 2007 a 2008.

Corporación

Corporacion de Corcubion no pleno de investidura de 2023

Francisco Santiago López, Xosé Lois e María Bella acompañarán a Drok no grupo de goberno.
En fronte, por parte do PSOE, estarán os edís a José Antonio Louro Pais “Ote” e Jorge Domínguez, trala renuncia do ex alcalde Lalo Insua e a Manuela Fernández Louro.
Alfredo González, de Sempre Corcubión, estará no pleno e finalmente, trala decisión do TSXG de dar por válido o famoso voto pintado os outros dous edís serán ocupados polos populares José Domínguez Buiturón en Luís Abelleira Ronquete. 
José Ramón Rojo, que valora se acodir ao Tribunal Constitucional para revisar a decisión do TSXG, non apareceu.

Xente no pleno de investidura de Corcubion
Xente no pleno de investidura de Corcubion

Comentarios