Inaugurada a nova Aula TIC de Fisterra

Por fin se inaugurou onte a nova aula TIC de Fisterra. E o fixo tras máis de 4 meses dende que a Xunta anunciara a adhesión dos concellos de Fisterra, Corcubión e Camariñas á Rede CeMIT. O novo centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (aulas CeMIT) fisterrán foi presentado cunha videoconferencia co de Viana do Bolo, pois ambos eran inagurados onte.
A Xunta de Galicia, que investiu 100.000 euros para poñer en funcionamento a aula de Fisterra, colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico.
Agardamos agora que comecen os cursos de alfabetización no concello fisterrán para todos os estratos da sociedade, e que as novas aulas de Corcubión e Camariñas nazan canto antes.
Novas relacionadas
- 24-01-11: Camariñas, Fisterra e Corcubión únense á Rede CeMIT para reducir a fenda dixital.
- 08-11-10: Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra .
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.
- Fotos de Darío Gómez.