Jorge Domínguez Castro, novo coordinador comarcal do PSdeG Costa Atlántica

O pasado luns a comarca da Costa Atlántica escolleu o novo Coordinador Comarcal, Jorge Domínguez Castro, que foi apoiado de forma unánime por todos os membros. Jorge colleu o cargo con palabras de agradecemento de cara ás compañeiras e compañeiros e tamén para a coordinadora saínte Paula Mouzo, polo traballo feito neste tempo.
O coordinador comarcal explicou que “temos que por en valor tanto as nosas alcaldías como a lavor na oposición. Abrése un tempo novo para a comarca na que demandaremos melloras para a veciñanza”
Na reunión, na que estiveron acompañados polo Secretario de Militancia, Agrupacións Locais e adxunto a organización da Executiva Provincial da Coruña, Rafael Fernández Beceiro, a comarcal da Costa Atlántica abordou o novo plan de traballo dos vindeiros anos e tratou temas clave para a zona.