Venres. 29.03.2024
El tiempo

Licitan a senda peonil que unirá Quenxe e o Faro C por máis de 1 millón de euros

Estrada ata o Faro C de Corcubion
Licitan a senda peonil que unirá Quenxe e o Faro C por máis de 1 millón de euros

Hai xusto 2 anos que anunciaran o proxecto. A Deputación da Coruña licita por 1.145.224 euros as obras de construción dunha senda peonil ao longo da estrada DP-2801 de Corcubión a San Roque por Redonda. O prazo de execución dos traballos será de 11 meses e as empresas interesadas poderán presentar propostas ata o 26 de abril na Plataforma de Contratación do Estado.

As obras abarcarán desde o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e permitirán configurar un gran itinerario peonil no municipio, sendo un dos proxectos con maior investimento da área de Vías e Obras do ente provincial durante este ano e o maior realizado en Corcubión ata o momento.
Executarase a ampliación da vía ata os 7 metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros, beiravías de medio metro na marxe esquerda e unha senda peonil de 2 metros de ancho ao longo de toda a marxe esquerda da estrada.

O percorrido completarase, a medio prazo, gracias ao proxecto das Sendas dos Faros (que afecta a 11 faros da provincia, entre eles o de Cee), no que traballa tamén a Deputación da Coruña e que permitirá crear unha gran senda para pasear arredor da península da Redonda, xa que chegará dende o Faro ata San Roque.

Comentarios