Luís Lamela presenta en Corcubión o seu libro sobre a Guerrilla galega
![Luis Lamela coa novela A loita dos perdedores](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/10/19/2023101912410515491.jpg)
10:44 30/11/23
Ademais da cita informativa deste venres sobre as Comunidades Enerxéticas, a Asociación Boca de Sapo comunidade ecosocial e cultural prepara outra cita, máis cultural para o sábado 2 de decembro. O Museo da Casa de Cultura acollerá ás 19:00h a presentación o novo libro de Luis Lamela publicado pola editorial Laiovento "A Loita dos Perdedores."
A cultura e a memoria é un dos pilares da nosa asociación como instrumento de construcción da nosa identidade colectiva como pobo e de transformación social.
Antes diso ás 18:00h farán xunto co concello a entrega floral na Praza Castelao en memoria de Pepe Miñones fusilado no Campo da Rata na Coruña o 2 de decembro de 1936.