Venres. 25.09.2020
El tiempo

A ADECOM puxo sobre a mesa alternativas ao monocultivo de eucalipto

A ADECOM puxo sobre a mesa alternativas ao monocultivo de eucalipto

Celebrouse este pasado sábado un foro debate organizado pola Asociación ADECOM sobre a realidade forestal da comarca. Varios representantes de entidades sociais, comunidades de montes, e profesionais participaron no evento, realizado na Casa da Cultura de Corcubión, e en boa medida compartiron a ” necesidade urxente de superar o monocultivo do eucalipto na Costa da Morte”.

Criticaron que falamos dun “modelo do que só se está a beneficiar unha empresa e que ademais provoca problemas graves medioambientais, de seguridade para as persoas e de perda de calidade de vida no medio rural, co conseguinte abandono do mesmo”.

O foro recoñeceu que “existe unha mentalidade moi instaurada na poboación que vai ser difícil de mudar, pois certas empresas -coa connivencia da Xunta- levan moitos anos investindo grandes sumas en promover a falsa idea de que o eucalipto é a única opción rentable” para o monte”.

Entidades como Boca de Sapo compartiron experiencias contrarias como a deseucaliptización da Finca Cambeiro, xusto pegada á propia Casa da Cultura, dando conta que hai outras saídas ao “beneficio inmediato e curtopracista que oferta o monocultivo”. Aportaron propostas como a “diversificación de especies arbóreas, o gando autóctono, a silvicultura ou a apicultura”, como saídas para o medio rural galego.

Novas relacionadas

comentarios