Luns. 18.11.2019
El tiempo

María Amelia fala por internet

María Amelia fala por internet
María Amelia foi a primeira persoa entrevistada por QPC María Amelia foi a primeira persoa que entrevistou QPC

María Amelia López naceu en Muxía hai 95 anos, ou son 55? Ela mesma dise moderna e recorda: Ai, se tivera 15!!. I é que estamos ante a persoa máis maior do mundo que ten un blog, nin máis nin menos.

Xa de pequena era moi falangueira, e non paraba de protestar. Lembra, por exemplo, cando o pai lles regalou ás fillas un "babero" cunha frase a cada unha, e o dela puña: Come y calla. Tanto lle gusta, que a estas alturas xa quere falar co mundo enteiro.

Todo comezou un día cando o seu neto e máis ela estiveron a falar cun amigo que estaba en Sudamérica. María Amelia non o podía crer. Alí, vendo ao amigo polo aparato ese. Eu quero un plantoulle ao neto.Eu pensaba: pero si é que este aparato sabe todo o que pasa no mundo! I entón, eu que che son moi curiosa, xa lle dixen ao neto que tamén quería mercar un. E agora voi mercar un deses que no que non fai falla escribir, que lle falas e xa está.

Así, chegamos ao seu 95 cumpleanos, cando o neto regaloulle un blog. Unha libreta? Pero ti es un cutre!, respondeulle ao neto, que non sabía onde se metía.

Ela dicta e el teclea e ri encantado coas historias que lle conta. Miles de cartas de todo o mundo (alo menos 1000 chilenas, e doutros lugares tan exóticos como o Xapón ou algún país árabe que aínda non foron quen de averiguar) chegan pola rede e directamente a casa do neto, onde agora vive. Mesmo unha rusa veu ex proceso para entrevistarme. O neto cóntalle as felicitacións e escríbelle as respostas, pero dende o anonimato. Onde me metín! pensa agora o neto con tanto trafego.

Yo soy mucho de los trabajadores

Falamos sen pelos na lingua de política e declárase abertamente republicana e socialista dende os 17 anos, cando escoitando que os traballadores cobraban tan só 2 pesetas, un tío contoulle que os socialistas miraban máis por eles que o resto. Iso sí, non ten nada contra a monarquía, e defende a bandeira "rojigualda", iso si, sen escudo monárquico.

Pero non quedou naqueles tempos, nin moito menos. Ela mesma saca o tema do nacionalismo sen lle preguntarmos. Sobriña-neta do mesmísimo Pondal, non se considera separatista, pero tilda de estupidez iso de non lle ensinar aos nenos o himno galego. Eu quero moito a España, pero en Galicia están as miñas raíces. Ademais, nos tiñan por tontos, cando aquí o temos todo: somos intelixentes, traballadores, temos un folclore precioso, temos pescados, mariscos, praias, montañas... temos de todo!. Encántalle Galicia e o galego, pero recorda os 32 anos que pasou en Corcubión ata antes de casar e ir para Coruña. Alí, a sua nai non lle deixaba falar en galego, nin sequera que se lle escapara algunha muletiña como ghalletiña. A nai rifaba con ela e repetía:galletiña, ques seica os señoritos de Corcubión eran moi finos por aqueles anos 40.

A min me gustan os pueblos, o mar, un ambiente máis familiar, comenta a pesar de ter pasado 69 anos na cidade herculina. Fala de Corcubión e de Muxía cunha tenrura encantadora, pero ponse nerviosa cando recorda, por exemplo, a desfeita de Quenxe: Dame medo que as casas aquelas caian enriba de min. E pon voz melancólica cun Canto sentín o do camping precioso aquel.

A María Amelia gustaríalle que as súas cinzas fose esparcidas preto da Pedra de Abalar, pero non tren présa ningunha. A verdade é que teño gañas de velo, pero tamén teño gañas de vivir así que espere un pouco, solta cunha gracia digna de ver. E así, teremos a María Amelia pola rede por moitos anos polo que parece, que aínda ten moito que dicir.

Moitas gracias María Amelia e por moitos anos.

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa

Comentarios