Miguel Vázquez Freire presenta o seu último libro no seu Corcubión
- A Capela tamén o sábado unha comedia

10:35 08/11/22
Dos Encontros de Filosofía para Veraneantes, ás emisoras da radiONeria, e finalmente ás páxinas dun libro. Así se xesta “O Moucho Voa”, a última publicación que o mestre Miguel Vázquez Freire vai presentar no seu Corcubión esta fin de semana.
A cita co libro filosófico editado con Xerais será o venres 11 de novembro, ás 19:00h, na Capela do Pilar, por suposto.
E comedia
Ademais, este sábado 12 de novembro ás 19:30h a propia Capela do Pilar acolle a comedia "Aí falaches, Castelao", unha divertida e interactiva obra que mestura a represntación dos textos, o diálogo co público e a creación escénica contemporánea tomando como base as viñetas de Castelao.
O espectáculo, protagonizado por Oswaldo Digón e Xavi Veigas, está dirixido fundamentalmente a público adolescente e mozo. Desenvolverase en catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Novas relacionadas
- Miguel Vázquez Freire publica “O Moucho Voa”: “As grandes cuestións da filosofía afectan a todos”.
- Éxito total do VII Encontro de Filosofía para Veraneantes de Corcubión.
- “O moucho voa” volve as ondas da radiONeria e Radio Roncudo como Consultorio Filosófico.
- Miguel Vázquez Freire converte as súas píldoras filosóficas nun novo programa de radio.