Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Novas axudas para a rehabilitación de vivendas nos cascos de Corcubión e Muros

Casco Vello de Corcubion-Foto-Axa
Casco Vello de Corcubión-Foto-Axa
Novas axudas para a rehabilitación de vivendas nos cascos de Corcubión e Muros

A Xunta de Galicia vén de anunciar o programa de axuda ás actuacións de rehabilitación para os cascos históricos. Entre os Concellos que completaron os trámites están os Concellos de Corcubión e Muros, que poderán destinar 300.000 euros cada un para axudar ás familias á acometer obras nas súas vivendas.

As subvencións previstas neste programa van destinadas a inmobles nos que, polo menos, o 50% da superficie construída sobre rasante teña un uso residencial de vivenda, excluíndo a planta baixa e outra plantas inferiores que alberguen outros usos compatible.
O importe da axuda depende do grao de eficiencia enerxética conseguido coa actuación de rehabilitación que se execute, e pode ser do 40, do 65 ou do 80% do orzamento protexible, acadando un máximo de 29.425 euros por vivenda; en todo caso, a axuda poderá acadar o 100% do investimento realizado, excluídos impostos, cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgún dos propietarios da vivenda.

Ademais, poderá concederse unha axuda adicional de ata 12.000 euros no caso de que sexa necesario retirar elementos con amianto.

Os propios concellos tamén poderán beneficiarse dos incentivos previstos neste programa para obras de urbanización, reurbanización ou mellora do entorno físico. O importe da axuda ao concello será dun 15% adicional sobre as contías máximas da axuda por vivenda. Ademais, recibirán 800 euros por vivenda rehabilitada para financiar a oficina municipal de rehabilitación.

Comentarios