martes. 05.08.2025
El tiempo

Presentadas 1.300 sinaturas para que a Xunta abra o Centro de Día de Corcubión

Oscar Insua e o alcalde de Corcubion Xabier Dominguez Drok
Oo alcalde de Corcubión Xabier Dominguez "Drok" presentando as sinaturas no rexistro do Parlamento
Presentadas 1.300 sinaturas para que a Xunta abra o Centro de Día de Corcubión

O alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez Traba, "Drok", presentou este luns 4 de agosto no Parlamento galego 1.300 firmas recollidas entre a veciñanza do pobo para exixirlle á Xunta que abra e xestione o centro de día na localidade. Unha demanda histórica na comarca, que conta cun edificio listo para acoller esta infraestrurura dende hai máis de 10 anos, pero que se leva atopando unha e outra vez coa falta de responsabilidade e de compromiso do goberno popular da Xunta, que se nega unha e outra vez a asumir a xestión.

O rexedor, que estivo acompañado nas dependencias do Hórreo polo deputado do BNG pola Costa da Morte, o corcubiónes Oscar Insua, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Tubío, sinalou que desde o equipo de goberno corcubionés están estudando outro tipo de medidas para seguir reivindicando que o goberno galego asuma as súas competencias e poña a funcionar o centro de día. Ademais, subliñou que seguirán recollendo sinaturas entre a xente de Corcubión que aínda non firmou e tamén noutros municipios da bisbarra.

Domínguez Traba lembrou que “desde Muros ata Cabana de Bergantiños non existe nin unha soa praza pública para atender a persoas que necesitan un servizo tan importante”, e cargou contra a Xunta polo “seu abandono” en materia de dependencia. “Non é de recibo que a conselleira de Política Social e Igualdade queira trasladar a responsabilidade de abrir o centro de día ao Concello de Corcubión; solicitámoslle reunións varias veces e a día de hoxe aínda non foi quen de recibirnos”.

O alcalde de Corcubión insistiu en que “seguiremos a traballar sen pausa para que o centro de día entre en funcionamento, e non pararemos ata conseguilo; a veciñanza de Corcubión e da comarca non merece seguir padecendo este trato inxusto”
“É un tema de moita importancia, dado a carencia de servizos para atender a xente dependente, sobre todo de grado severo ou grandes dependentes; moitas familias non teñen posibilidade de conciliar a súa vida laboral e familiar”, concluíu o rexedor.

Histórico do Centro de Día

Comentarios