martes. 05.08.2025
El tiempo

Baio acende o “Punto Rojo”, a feira de liquidacións que enche o comercio local de prezos irresistibles

baio-punto-rojo-2025
Baio acende o “Punto Rojo”, a feira de liquidacións que enche o comercio local de prezos irresistibles

A vila de Baio prepárase para converterse, os días 22, 23 e 24 de agosto, no epicentro das oportunidades coa celebración dunha nova edición do Punto Rojo, a feira de liquidacións que enche o comercio local de prezos irresistibles e moita animación.
A actividade está organizada polo Concello de Zas e a Asociación BaiOn, e busca consolidarse como unha das citas imprescindibles do verán na Costa da Morte, poñendo en valor o comercio local e dinamizando a vida social da vila

Durante estas tres xornadas, os establecementos asociados ofrecerán os seus saldos de fin de temporada, mentres que os locais de hostalería se suman coa súa xa tradicional ruta de tapas. Ademais, todas as compras realizadas durante a campaña poderán optar a 1.700€ en premios, repartidos entre a clientela.

A feira complétase cunha programación para todos os públicos. O venres pola noite, a praza converterase nun cine de verán cunha sesión de cine nocturno ao aire libre. A partir do sábado, os máis pequenos poderán gozar de inchables, actividades infantis e un tren turístico que lles permitirá percorrer os distintos establecementos da vila. Non faltará a música polas rúas nin tampouco un obradoiro especial dos Premios Fouciño, que traerá moita creatividade a Baio.

Outro dos atractivos do Punto Rojo serán os postos na rúa, onde os comercios sairán á vía pública con grandes oportunidades e, ademais, habilitarase un espazo para que particulares poidan montar postos de segunda man con artigos ós que queiran darlle unha segunda vida. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación a
través das redes sociais.

Máis novas

Comentarios