Martes. 07.05.2024
El tiempo

Novo prazo para inscribirse na Escola Infantil

Novo prazo para inscribirse na Escola Infantil
A Concellería de Servizos Sociais, dependente do Concello de Corcubión, vén de informar da apertura dun prazo extraordinario para a matrícula da Escola Infantil Municipal no vindeiro curso 2011 – 2012. Todas as persoas que non presentaran a súa solicitude de admisión no periodo ordinario, poderán facelo esta semana. O prazo estará aberto dende o xoves 25 de agosto ata o sábado 27 de agosto. Poderase entregar o necesario de 08:30h a 14:30h nas xornadas do xoves e o venres, e de 10:30h a 13:00h o sábado. Para máis información, poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Corcubión, ou ben no teléfono 981 745 400.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Corcubión.

Comentarios