Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Belén itinerante de Corcubión

O Belén itinerante de Corcubión
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154703688762177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Impresionante o do Belén de Corcubión. Levan 15 anos dende a Asociación Belenista “San Marcos”, co respaldo do párroco Baldomero Louro Lago, convertindo o nacemento da Vila de San Marcos no máis famoso da Costa da Morte, e de feito, está recoñecido entre os 15 máis senlleiros de Galicia. As máis de 300 figuras (fixas e móbiles), este ano hai 15 novas, son feitas a man, e relatan numerosos feitos históricos cunha posta en escea exemplar. Pódense observar vivendas onde destacan detalles propios daquela época; leiras nas que os produtos agrícolas e os animais aparentan ter vida; conta cunha zona do mercado… Todo presnetado por unha voz en audo que explica e narra o feito histórico. Pero cada ano, Marcos Vázquez e Carlos Rey teñen que darlle unha volta. E ademais dos 30 metros cadrados de nacemento instalados na Capela do Carme da Igrexa de San Marcos, este ano o Belén é itinerante. A “Ruta do Belén” leva varias das esceas a varios establecimentos da vila. As´, por exemplo, a Casa Cantorna ten o empadroamento; a Taberna O Ribeiro acolle a Pousada; o Alborada é o escenario da Anunciación; O Bar Pazo ten o portal ou pesebre; a froitería Chelis serve de camiño para a viaxe dos Reis magos; O Bar Suiza é o Castelo de Herodes; Chuminadas O Rollo é testemuña da Matanza dos Inocentes; mentres que no Carrumeiro son cómplices da fuxida a Exipto. Un xeito tremendamente orixinal de expandir este fermoso tesouro patrimonial que cada Nadal embelece un pouco máis a vila corcubionesa. belen-de-corcubion-nacimiento belen-de-corcubion-2 belen-de-corcubion-4 belen-de-corcubion-6

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios