Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión denuncia que o goberno recalificará como urbanizable novas áreas

O BNG de Corcubión denuncia que o goberno recalificará como urbanizable novas áreas

O voceiro do BNG de Corcubión Oscar Insua, que irá de número 5 nas listas nacionais do BNG para o congreso nas eleccións do 20N, denuncia que o hrupo de goberno está desenvolvendo certas obras de saneamento co "único motivo polo que se leva a rede de saneamento pola Amarelle e fonte vilar é o de establecer suministros nunha zona rústica para recalificalos como urbanizabeis no vindeiro Plan Xeral".
Unhas obras que para o BNG indica que "o alcalde retoma actitudes especulativas e dirixidas a beneficiar os intereses dos amigos do alcalde, pois no tramo que vai dende Amarelle ata o Vilar non existen vivendas".

Para o BNG corcubionés entende así o comezo das obras saneamento na zona de fonte vilar e na zona do albergue en San Roque. Trátase da execución do plan de infraestructutas de Medio Rural do ano 2010 que ten un orzamento de arredor dos 73.000 €. O mesmo plan no ano 2009 dedicouse a mesma actuación, polo que xuntos sumaron un investimento de máis de 140.000€.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios