Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os cativos de Cee e Corcubión non teñen praza na gardería

Os cativos de Cee e Corcubión non teñen praza na gardería
Son máis de cincuenta rapaces dos concellos de Cee e Corcubión os que quedaron sen praza nas garderías dos seus municipios correspondentes. Na vila de Cee apuntan que a segunda escola infantil do concello pode estar en funcionamento no mes de outubro. De todos os xeitos, habería en lista de espera aínda 38 pequenos. A apertura das instalacións depende dun informe da Deputación, que agardan que sexa aprobado no mes de setembro. En Corcubión son 15 os rapaces e as rapazas que quedarían sen praza, nun concello onde só hai 15 prazas de gardería. Tal e como vimos onte, e por mor do aumento das solicitudes, o Concello de Corcubión abrirá de novo os prazos de matrícula o vindeiro xoves, 25 de agosto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios