Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Carrumeiro arrinca a temporada con novas equipacións

O Carrumeiro arrinca a temporada con novas equipacións
O Carrumeiro estrea equipacions

Comeza a nova temporada de vela e os pequenos regatistas do Club Marítimo Carrumeiro estrearán equipacións. Ca axuda de Ferroatlántica, o club corcubionés utilizará as novas equipacións nas competicións de vela lixeira clase Optimist, ao longo do 2015, enmarcadas no Campionato Galego desta modalidade.

O equipo confórmano cinco pícaros e tres pícaras, de idades comprendidas entre os once e os trece anos, que proveñen das localidades de Corcubión, Cee e Ameixenda. Todos eles participaron durante os últimos anos no programa “O Mar na Escola”, organizado pola escola Cataventos e patrocinado, desde os seus inicios, por Ferroatlántica. Este programa busca o achegamento dos mozos ao mar e á súa contorna a través da práctica do deporte.

O Campionato Galego 2015

O equipo infantil de regatas do Club Marítimo Carrumeiro, que participou xa nas correspondentes competicións clasificatorias, participará nas seguintes regatas:

- Ranking 2014/2015:

  • Campionato Galego RCN Sanxenxo - 14,15 e 16 de febreiro de 2015.
  • Copa Galicia RCN Aguete - 14 e 15 de marzo de 2015.
  • Clasificatoria: Regata RCN de Portosín - 11 e 12 de abril de 2015.
  • Clasificatoria: Regata RCN de Vigo - 16 e 17 de maio de 2015.
  • Campionato Galego Por Equipos Centro Galego de Vela Vilagarcía - 5 e 7 de xuño de 2015.

- Ranking 2015/2016:

  • Clasificatoria Regata R.C.N Sanxenxo - 12 e 13 de setembro de 2015.
  • Clasificatoria Regata R.C.N A Coruña - 3 e 4 de outubro de 2015.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios