O Concello de Corcubión recorre os recortes da Xunta de ata o 70% en servizos sociais


Non cesan os recortes en materia de sanidade e en educación, pero tamén en servizos sociais en todo o país. Ante o drástico recorte que a Xunta de Galicia realizou na subvención ao concello de Corcubión para o mantemento dos servizos sociais municipais, o Alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema Fuentes, presentou ante a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, recurso de reposición.
O recurso fundaméntase no feito de que os recortes para o Concello de Corcubión, supuxeron entre outros, unha redución dun 70% con respecto ao 2010 para o programa de axuda a domicilio, unha anulación total da axuda para o programas de envellecemento activo, totalmente consolidado e con moita demanda por parte da poboación, e unha redución das achegas para o persoal de servizos sociais, etc.
Tendo en conta que polas súas condicións socioeconómicas o Concello sempre dependeu de subvencións doutros organismos para desenvolver os programas básicos e específicos de servizos sociais, o Alcalde solicita unha nova valoración e polo tanto unha ampliación da subvención concedida.
Novas relacionadas
- “Queremos pediatra tódolos días”.
- Un curso sen actividades extraescolares.
- Corcubión solicita sinais indicadoras do seu patrimonio na entrada da VAC a Sardiñeiro. >
- Corcubión comeza a elaborar o Plan de Igualdade.
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.