Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG oponse ás dedicacións exclusivas propostas por Ramón Vigo

O BNG oponse ás dedicacións exclusivas propostas por Ramón Vigo

O BNG de Cee oporase no pleno do venres 24 de xuño ao cobro dunha dedicación parcial de 53.200 euros para o alcalde de Cee e outra de 24.697,82 euros para a concelleira Pilar Iglesias.
Unha problemática que xa vén de lonxe pois o BNG leva solicitando varios meses a supresión do posto da Xefa de Gabinete do alcalde, precisamente desenvolto nesta lexislatura por Iglesias.

Lembran dende o grupo que "o alcalde está actualmente procesado por seis delitos moi graves contra a administración pública e a facenda. O xuíz impúxolle medidas cautelares para non ir ao cárcere (unha fianza de 29.000 euros) As presuntas actuacións delictivas de Ramón Vigo poden suporlle ao concello a perda de centos de miles de euros. Por iso, mentres o alcalde e os seus compañeiros de candidatura non resolvan as cuestións que teñen pendentes coa xustiza, o BNG non avalará co seu voto a súa presencia no concello".

Explica o BNG a súa postura ao respecto das dedicacións exclusivas durante o mandato anterior. Para o grupo da oposición "o alcalde debe traballar a xornada completa e adicarse en exclusiva ao concello. Ademais, é suficiente unha dedicación exclusiva por partido para marcar a línea política do concello".

Ademais, indican que están "en contra da existencia de asesores externos, como os que ten contratado o alcalde por 24.000 euros. O seu traballo debe ser desempeñado por persoal que estea ao servizo do concello e non do alcalde de turno".

E por outra banda, o BNG de Cee propón un descenso do 25% das retribucións percibidas polos concelleiros pola asistencia a órganos colexiados, "para aliviar a nefasta situación económica á que nos está a conducir o alcalde".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios