Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior e os soldos políticos descenden máis dun 80% por cento

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior e os soldos políticos descenden máis dun 80% por cento

Era un dos puntos máis criticados polo BNG cando estaba na oposición. E parace que unha vez no poder vai cumplir esta primeira promesa do programa electoral: a redución drástica dos gastos de carácter político.

Denunciaban que "o PP só no 2010 gastou case 190.000 euros en soldos poíticos incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política".
E hoxe fai pública a única dedicación exclusiva que prantexa o BNG, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos, aprobada coa abstención do PP. Serán 28.000 euros anuais os que cobre Moncho Noceda, a metade dos case 52.000 euros percibidos polo anterior alcalde, José Oreiro, do PP.

Asi o BNG elimina o soldo de 31.000 euros que viña percibindo o edil do PP Santiago Brea pola súa 2ª tenencia de alcaldia. O soldo de 38.000 euros de Marisol Piñeiro (1º tenente alcalde) non será necesario suprimilo, pois no 2010 pasou a cobrar directamente como deputada do PP no Parlamento Galego, para fortuna das arcas municipais de Carnota.

Segundo o BNG, "Os salarios políticos de Carnota descenderon asi un 82% coa entrada do BNG no goberno pasando dos case 153 mil euros que se repartiu o PP en dedicacións exclusivas só no ano 2010 aos 28 mil euros actuais do alcalde".

Novas áreas de goberno

As novas áreas de traballo para o goberno municipal aprobadas o sábado son as seguintes:

  • Ramón Noceda (Alcalde). Encargarase das áreas de Participación Veciñal e Ordenación territorial.
  • Merche Díaz (Tenente de Alcalde). Encargarase das áreas de Medio Ambiente, Rural e Mariño así como as relacionadas coas Muller e Servizos Sociais.
  • Iván Franco: responsable de Comunicación, Cultura e Deporte, e Turismo.
  • Antón Federico Beiro. Encargado de Promoción económica.

Novas relacionadas

Comentarios