Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Consello Nacional do BNG conta xa con dous representantes da Costa da Morte

O Consello Nacional do BNG conta xa con dous representantes da Costa da Morte

Este pasado sábado, día 25 de febreiro, tivo lugar o acto de Constitución do novo Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas do partido nacionalista, saído da XIII Asemblea Nacional celebrada a finais de xaneiro do presente ano. A cita, que tivo lugar en Teo, serviu para que tomaran posesión as 108 persoas, tanto as que saíron electas na referida Asemblea Nacional como as que foron elixidas nas respectivas comarcas de Galicia.

Nese senso, a Costa da Morte conta con dous membros máis dentro do Consello Nacional do BNG: o portavoz municipal do BNG en Corcubión, Óscar Ínsua, e o Responsable Comarcal do BNG na Costa da Morte, Modesto Fraga.

Isto é así polo feito de que á Costa da Morte, por número de militantes, correspóndenlle dous membros no CN. En consecuencia, estará representada polo Responsable Comarcal, Modesto Fraga, e o candidato da outra lista que concorreu á Asemblea Comarcal o pasado día 11 de febreiro, Óscar Ínsua.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal.

Comentarios