venres. 09.05.2025
El tiempo

O PP de Corcubión denuncia a contratación a dedo do mantemento da rede eléctrica municipal

O PP de Corcubión denuncia a contratación a dedo do mantemento da rede eléctrica municipal

Continúa a temática eléctrica estando de actualidade en Corcubión. Co Caso Sambade aínda flotando, hoxe o PP corcubionés denuncia que o alcalde "pretende licitar o contrato de mantemento da rede eléctrica municipal sen ningún tipo de publicidade e por procedemento negociado".

Para a sáu voceira, Gema Freire, "estamos ante unha contratación a dedo en toda regra" da cal "descoñecemos cal é a letra pequena ou os intereses que se ocultan tras ela".

En principio, o contrato especifica que "o Concello de Corcubión ten previsto pagar a esta empresa 9.000 euros anuais polo mantemento da rede de alumado público, dos edificios e dependencias municipais, así como da instalación eléctrica das festas" afirma a oposición, que se preocupa porque "deixan á marxe do orzamento todo o relativo ao material eléctrico. É dicir, nin sabemos canto vai gastar o Concello neste material nin parece que as partes teñan interese en especificalo".

Así mesmo, os populares pregúntanse que necesidade ten un Concello pequeno como o de Corcubión (2.000 habitantes) de facer esta contratación. "Outros concellos pequenos teñen un electricista propio e contratan o material eléctrico para aforrar", recordou. Con todo, "parece evidente que as leas xudiciais do señor Lema impídennos ser un concello normal, porque estamos pagando a un electricista que non traballa e agora temos que contratar a unha empresa para que realice o seu traballo", indicou.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

Comentarios