Martes. 30.04.2024
El tiempo

Oscar Insua deixa o seu posto como concelleiro de Corcubión

Oscar Insua deixa o seu posto como concelleiro de Corcubión
Oscar Insuadeixa a súa acta como concelleiro e a portavocía do BNG de Corcubión

Oscar Insua deixaba esta pasada semana a portavocía do BNG de Corcubión e tamén o seu posto de concelleiro na Corporación municipal. E faino "por razóns estrictamente profesionais, dado que o obrigarán a non poder ficar permanentemente no termo municipal e dedicarlle o tempo necesario e merecido ás responsabilidades políticas que lle confiaron”.

Con estas palabras, Insua deixa tras de si 6 anos de traballo na Corporación, casi un ano con responsabilidades de goberno, e cinco na oposición. A esta actividade hai que sumarlle as responsabilidades orgánicas que compaxinou na localidade e na comarca e formando parte nos últimos anos do Consello Nacional . O BNG de Corcubión dará a coñecer a vindeira semana a restructuración orgánica e do novo grupo municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios