O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno


Primeira promesa electoral que chega da man do PP corcubionés. Gema Freire considera que se chega á fronte do consistorio porá todo o seu empeño na construción do porto deportivo nesta lexislatura. A alternativa que se baralla contará cunha zona comercial, un área técnica, pañoles, zona peonil, capitanía marítima e servizos, contando cun total de 300 amarres para embarcacións náutico deportivas. Terá polo tanto a mariña seca e os pantaláns integrados no propio porto.
Aposta polo turismo
O PP considera que o Turismo é unha das nosas fontes de riqueza e debemos explotala en todas as súas vertentes. Unha delas, o Turismo Náutico, co porto en funcionamento, "sería o eixo vertebrador do noso despegamento e crecemento, aparte de ser un xerador de emprego, pois a posta en marcha desta infraestrutura suporá postos de traballo directos e indirectos", engade.
E xa non só o turismo náutico, senón tamén, apunta Gema, "o de sol e praia, mellorando a contorna da Praia de Quenxe, e o turismo de Congresos e reunións, entrando en conversacións con diferentes institucións para facer de Corcubión un pobo atraíntes turísticamente".
h3>Máis informaciónFonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do PP de Corcubión.