Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Corcubión xa están na rede

Os empresarios de Corcubión xa están na rede
www.emprecor.com. Esa é a nova web da Asociación de Empresarios de Corcubión, Emprecor. Onte, luns 28 de febreiro de 2011, a entidade realizou a presentación da mesma. Foi o responsable da empresa Netsoft, o corcubionés Iago Dosil, o encargado de presentar a web en sociedade. A intención da entidade é facer deste espazo na rede un punto de encontro onde recoller todas as súas actividades, cursos, subvencións que poidan ser interesantes para a vila corcubionesa. Pero sobre todo, pretende ser un vehículo comunicativo que sirva para achegarse ao veciño e ao socio da asociación. Ademais o proxecto inclúe tamén a creación dun perfil de empresa na rede social Facebook, que xa podedes buscar por Emprecor - Asociación Empresarial de Corcubión. Volve así Netsoft traballar para a vila de San Marcos, como xa fixera coa web da UD Corcubión. Ademais a empresa é a responsable do mantemento da wifi municipal de Corcubión, que a tantos veciños lle achega o mundo da rede.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios