Os hosteleiros da zona seguen formándose en marketing
A necesidade de formarse en novas tecnoloxías e en Marketing é algo que pouco a pouco se van dando conta os hostaleiros da zona. Así a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte APTCM, organizou o pasado día 13 de febreiro, en colaboración coa empresa Identia C&F, un obradoiro de Marketing vivo para empresas turísticas.
Os asistentes a xornada puideron comprobar, na maioría dos casos, que están traballando na liña axeitada. Non en vano, catro deles xa contan coa Q de Calidade nos seus establecementos.
No seminario incidiuse na necesidade de recoñecer que cada cliente ten un “valor potencial” e debe percibir que é único, por tanto, unha parte moi importante dos esforzos deberá centrarse no coidado e atención a cada viaxeiro que elixe os nosos establecementos para que a súa experiencia sexa única.
Os asistentes recoñeceron que o ano 2012 non foi un ano fácil pero a maioría optaron por coidar e aumentar a calidade e poñer en práctica iniciativas que lles permitiron aumentar a súa clientela.
Marketing de andar por casa, con Ana Díaz
- Como pasar un perfil personal a unha páxina de empresa en Facebook.
- Estás tirando os cartos en publicidade?.
- Tes unha estratexia?.
- Rubricado o convenio entre APTCM e Deputación que permite abrir a Oficina de Turismo.
- “Hai que estar en internet, pero hai que estar ben”.
- Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía.
- Turgalicia percorre en bici a Costa da Morte.
- Nota de prensa de APTCM<&a>.