Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Testigos toman a Costa da Morte

Os Testigos toman a Costa da Morte

Poucas veces os medios reparamos na incidencia relixiosa na Costa da Morte. Pero hai veces que certos movementos collen unha visibilidade tal que é imposible pasalos por alto. Así miran os veciños de Corcubión ás convencións dos Testigos de Xehová na vila de San Marcos. I é que cada semana ateigan o local que teñen na Avda. da Constitución, e este vindeiro 5 de abril farán o propio na Casa da Cultura de Corcubión.

Unha gran familia

Cóntanos José Ignacio Castanedo que semanalmente xúntanse no local corcubionés "uns 60 Testigos de Xehová, así como outras persoas que aprecian a biblia e desexan aprender máis dela. É un grupo moi heteroxéneo, onde se pode atopar desde nenos pequenos ata persoas de idade avanzada", explícanos Castanedo.

Lectura da Biblia

A cita será o xoves 5 de abril, na que presentarán un discurso da "Conmemoración da morte de Cristo", duns 45 minutos, que se centrará en "explicar coa Biblia como nos beneficia hoxe o sacrificio de Xesucristo". Comezará ás 20:30 e será en galego, nos comenta José Ignacio Castanedo. O mesmo discurso repetirase ás 21:45 en castelán.
Sinalan que a entrada será gratuíta e non se efectuarán colectas, se ben esperan unha acollida dun centenar de persoas.

Castanedo explícanos que "a información que se presenta nestas reunións ten como obxectivo coñecer mellor as Santas Escrituras, así como ao seu Autor divino (aínda que evidentemente foron homes os que a escribiron). Tamén intentamos ser consecuentes co que cremos e esforzámonos por aplicar na nosa vida os principios e as altas normas morais que nela aparecen".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios