Mércores. 19.06.2024
El tiempo

Oscar Insua acusa ao alcalde de ocultar as contas municipais

Oscar Insua acusa ao alcalde de ocultar as contas municipais
O voceiro do BNG de Corcubión. Oscar Insua, vén de acusar ao alcalde, o socialista Francisco Javier Lema Chisco, de ocultar as contas reais do Concello. O pasado 7 de xullo, os nacionalistas acordaron solicitar información sobre o estado económico e financiero das arcas municipais. Segundo a oposición corcubionesa, o BNG só puido acceder ás facturas pendentes de pago do que vai deste ano 2011. Contan que ditas facturas ascenden a 140.000 euros. Oscar Insua afirmou que o rexedor corcubionés non informou sobre as débedas do ano pasado, aínda por pagar, nin sobre o estado actual das contas bancarias, a situación actual dos préstamos municipais, ou a liquidación do ano pasado. Ante esta actitude “ocultista”, o BNG de Corcubión vai solicitar un informe para coñecer polo miúdo a situación das contas municipais. Os nacionalistas agardan “o peor”, ao descoñecerse o que falta por pagar do ano pasado, o que contribuiría “a aumentar considerablemente a débeda municipal, que xa sobrepasa o 10% do orzamento de 2011”. Insua declarou que “mentres non saibamos a situación real das contas municipais, o BNG non pensa colaborar nos grupos de traballo formados recentemente, pois por unha banda non ten sentido traballar sobre proxectos municipais se non hai un can, e pola outra esperamos que cambie a actitude oscurantista do alcalde. O pobo quere saber a verdade”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Corcubión.

Comentarios