![Concello Corcubion]()
A Capela do Pilar de Corcubión acollerá o vindeiro venres, 5 de agosto de 2011, unha conferencia baixo o título “A auga: Un líquido singular”. O encargado de impartila será o corcubionés Manuel J. Tello León, Catedrático de Física pola Universidade do País Vasco e ex viceconselleiro de Tecnoloxía do Goberno de Euskadi. A cita dará comezo ás 20:30h.
Manuel J. Tello León tamén é Doctor en Física pola Universidade Complutense de Madrid. É director e creador dun grupo de investigación en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais. Dirixiu numerosas Teses Doctorais, publicacións en prestixiosas revistas de carácter internacional, e deu ducias de conferencias ao longo da súa carreira en universidades de todo o mundo.
Entre os premios recibidos por Tello León, salientan os científicos Premio Xavier María de Munibe en 1998, e o Premio de Innovación Tecnolóxica da RSEF – FBB.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.